O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia publicaba o pasado mércores a súa terceira sentencia contra o Decreto para o Plurilingüismo no Ensino, desta volta, atendendo ao recurso que presentou o Sindicatro de Traballadores do Ensino de Galicia. Ao igual que nas anteriores sentencias, o Tribunal considera os artigos 5.2 e 12.3 da norma contrarios a dereito.
Ao tempo, a plataforma Prolingua acaba de publicar unha análise sobre os efectos sobre a nosa lingua que pode ter a Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa propostas polo ministro de José Ignacio Wert. Prolingua denuncia "que o castelán e a primeira lingua estranxeira pasen a ser materias troncais e as outras linguas do Estado, coma o galego, pasen a ser consideradas materias de especialidade, é algo moi grave e de especial transcendencia".