Valencia quere copiar o modelo lingüístico que propuxo o PPdeG

Mudaria o actual sistema por unha distribución en terzos entre valenciano, castelán e inglés

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Un terzo de materias en valenciano no ensino, outro en castelán e outro en inglés. Esta é a proposta que a Conselleria de Educación de Valencia quere introducir no novo decreto que regulará o emprego de linguas neste ámbito. O proxecto recolle o modelo proposto polo Partido Popular de Galicia que deu pé ao Decreto para o plurilingüismo nas aulas, aínda que no noso país non se aplica a integración xeralizada do inglés en igualdade con galego e castelán. O proxecto valenciano pretende introducir de xeito paulatino a lingua estranxeira e comezará a se implantar a partir do curso 2012-2013.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Valencia, Educación, Igualdade, Partido Popular...

Claves

Entidades
Lugares