Un novo libro recupera artigos de Carlos Casares sobre Compostela

Santiago de Compostela. A cidade do milagre preséntase hoxe na capital galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Un novo libro recupera artigos de Carlos Casares sobre Compostela

A Fundación Granell acolle esta tarde a presentación de Santiago de Compostela. A cidade do milagre, o volume de editan Galaxia e o Consorcio da capital galega para lembrar a Carlos Casares. O volume, que conta con fotografías de Ramón Fernández Hermida, recupera nas súas 95 páxinas dous artigos do autor homenaxeado no Día das Letras deste ano. Trátase de textos orixinalmente escritos en castelán en 1993 e que agora se presentan con traducións ao galego e inglés. O primeiro deles, Santiago. Milagro y leyendas viu a luz na revista Leer, mentres o segundo El milagro de Santiago de Compostela puido lerse en Ronda Iberia. Os textos propoñen unha viaxe literaria pola cidade relacionándoa coa lenda do Apóstolo.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Santiago de Compostela, Carlos Casares, Apóstolo, Editorial Galaxia...