Segundo se aproxima o Día das Letras Galegas multiplícanse as propostas que conmemoran esta data por todo o país. Entre as máis recentes, destaca a presentación que facía onte no Concello de Vigo en colaboración coa Editorial Galaxia. As dúas entidades rescataron un relato case descoñecido de Carlos Casares, Vigo: a man da xente, que ve agora a luz nunha tiraxe de 8.000 exemplares. O volume, ilustrado por Gloria García, fai un repaso da visión que o autor homenaxeado tiña sobre a Cidade Olívica, e será distribuído entre os alumnos de ESO do concello. Tamén Afundación presentaba onte o seu programa para o Mes das Letras, centrado en sesións de contacontos que voluntarios e voluntarias dos Espazos +60 desta entidade realizarán en diferentes localidades do país para cativos e cativas de entre 3 e 7 anos sobre textos de Casares. Actividades na Biblioteca Afundación de Santiago de Compostela, unha actuación do grupo de monicreques La Tarara no E. I. Zalaeta da Coruña e unha campaña nos perfís das redes sociais da entidade completan as propostas desta entidade para o mes de maio.
Pola súa banda, as actividades das Bibliotecas Municipais da Coruña comezan xa o vindeiro 5 de maio coa xornada Ramalletes literarios, na que se reivindicará o traballo das pequenas editoras a prol da lingua. O encontro inclúe unha visita á Biblioteca Ágora, unha charla coloquio con representantes de Apiario (onde se realizará unha visita guiada), Patas de Peixe e Chan de Pólvora, e completarase co espectáculo de danza Calvario. O mesmo día celebrarase o Roteiro literario: En feminino con Mercedes Queixas. Un concerto de Xardín Desordenado sobre textos de Casares o día 8 completa polo momento a programación destes centros da Cidade Herculina sobre o autor.
A empresa Feiraco anunciou tamén a súa participación na efeméride, e distribuirán un millón de cartóns de leite coa imaxe de Carlos Casares. Ademais, nos mesmos haberá impresos códigos QR que permitirán descargarse dúas obras do autor.