Canda a isto, o festival acollerá programas especÃficos dedicados a Aldo Tambellini, á cineasta alemá Helga Fanderl e estreas do canadense Stephen Broomer ou Steve Polta. No apartado Sinais haberá a habitual representación de cinema galego de vangarda con atención á directora Diana Toucedo, e coa selección de Sinais en Curto, que este ano reúne traballos de Carla Andrade, Jaoine Camborda, Helena Girón, Marcos Flórez e Samuel Delgado, entre outros. Como estrea, o (S8) ofertará a xa habitual sección de cine-concerto inaugural, no que se proxectará Fausto, de Murnau, sonorizado ao vivo pola Orquestra Sinfónica de Galicia.