A III Mostra de Cinema Periférico contará con Michel Nyman

Celebrarase entre o 30 de maio e o 3 de xuño na Coruña

O vindeiro 30 de maio abre as súas portas na Ágora a 3ª Mostra de Cinema Periférico da Coruña(S8). O encontro comezará coa proxección do clásico O home da cámara de Dziga Vertov nun concerto no que Michel Nyman interpretará a banda sonora que el mesmo elaborou para este filme mudo. Canda a isto, a sección Observatorio contará coa presenza de directores de festivais de Canadá, Bélxica, Brasil, México, Portugal ou Arxentina que debaterán sobre os novos modelos de encontros arredor do cinema.

Entre as proxeccións previstas está unha colaboración coa Filmoteca Nacional de México, que achegará unha selección de obras sobre a orixe da sétima arte neste país e a súa relación con Galicia. Obradoiros de creación para os máis pequenos, masterclass e outros contidos completan a iniciativa.