
Pola súa banda, o Festival Olloboi remata mañá as votacións para seleccionar o premio do público entre as 116 propostas recibidas. Este evento, organizado pola Asociación Marearte pretende apoiar a canteira do cinema galego, e recibiu 92 propostas de centros educativos. O vindeiro 23 de maio celebrarase en Boiro a gala de entrega de galardóns, entre os cales o xurado seleccionará sete que se sumarán ao premio do público.
En paralelo, o Festival CurtocircuÃto anunciaba onte a apertura do prazo para presentar traballos á súa nova edición. Compostela acollerá entre os vindeiros seis e 11 de outubro da undécima edición deste evento centrado nas producións de pequeno formato.