Un documental galego gaña o II Festival de Cine Arqueolóxico de Castela e León

"As pedras de San Lourenzo" explica un proxecto de arqueoloxía en comunidade da Pobra do Brollón

8/5/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: audiovisualpatrimoniohistoria
32 lecturas | Compartido 0 veces

O documental As pedras de San Lourenzo ergueuse co primeiro premio, o Viriato de Ouro, na categoría documental do II Festival de Cine Arqueológico de Castilla y León, celebrado en Zamora esta fin de semana e organizado por Zamora Protohistórica. O documental, dirixido por Manuel Gago, con fotografía de Sole Felloza, narra o proxecto de intervención no castro de San Lourenzo, na parroquia de Cereira da Pobra do Brollón, e cruza as historias de diferentes veciños con vínculos no castro coa voz dos científicos. Na categoría das curtametraxes gañou "El reino de la Sal. 7000 años de Hallstat". Os Viriatos de prata (segundos clasificados) quedaron para o ducmental "Manos del pasado", da Dirección Xeral de Bibliotecas de Extremadra e "Quivira conquistadors", do norteamericano Teal Greyhavens.

O documental As pedras de San Lourenzo


Universo culturagalega.gal

27/09/2022

Todo o que levaremos para a tumba

Novas análises das tumbas do castro de San Lourenzo (Cereixa, A Pobra do Brollón) revelan rituais 'paganizantes' na Galicia da Alta Idade Media

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Cine, León, Pobra do Brollón...