O proxecto arqueolóxico de San Lourenzo edita un disco para recabar fondos

Músicos locais versionan as lendas e tradicións locais da parroquia de Cereixa

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O proxecto arqueolóxico do Castro de San Lourenzo, na parroquia de Cereixa da Pobra do Brollón (Lugo) está a probar unha nova vía de financiamento para continuar coas intervencións arqueolóxicas: a edición dun disco de música. Coa participación de diferentes músicos da localidade que xa veñen, desde hai anos, participando nas romarías de celebración, o disco titúlase coa plegaria "San Lourenzo vén a nós", recuperada polo equipo do proxecto como parte do ritual asociado ao santo da ermida do castro. O disco está composto por temas dedicados ás lendas do enclave arqueolóxico, como "O burato dos mouros" ou aos achados das campañas de escavación, como "O Atilano de Cereixa", dedicado ao primeiro esquelete completo de época medieval recuperada na necrópole da ermida do castro. Editáronse 500 copias e atópase á venda nos comercios da Pobra do Brollón. Trátase dunha iniciativa singular sen precedentes coñecidos no ámbito do Estado.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Todo o que levaremos para a tumba

Todo o que levaremos para a tumba

Novas análises das tumbas do castro de San Lourenzo (Cereixa, A Pobra do Brollón) revelan rituais 'paganizantes' na Galicia da Alta Idade Media

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pobra do Brollón, Lugo, Arqueoloxía

Claves

Conceptos