Cedeira tentará ampliar a zona de escavacións no Campo do Castro

Os arqueólogos localizan materiais do cambio de era

4/5/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: historiapatrimonio
27 lecturas | Compartido 0 veces

Cerámica castrexa e un anaco de sigillata (cerámica romana de importación) permiten constatara a ocupación durante finais da Idade do Ferro do Campo do Castro, en Cedeira. As catas, levadas a cabo polo arqueólogo Emilio Ramil, evidencian a existencia de relacións comerciais por mar. O Concello está a xestionar con dous propietarios de parcelas próximas (as que están a ser prospectadas agora son de titularidade municipal) a ampliación dos estudos. Para Ramil, o castro conserva dous foxos e dous parapetos, se ben se atopa afectados polas obras dun castelo do Antigo Réxime localizado nas proximidades.


Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cedeira, Idade do Ferro, Castelo, Arqueoloxía

Claves

Lugares