A construción da A-54 Santiago-Lugo continúa a dar sorpresas arqueolóxicas. Desta volta, na parroquia de Vilantime (Arzúa) apareceu unha aldea galaicorromana que foi ocupada durante máis de douscentos anos nas proximidades da obra da estrada, aÃnda que non na súa área directa de construción. A escavación, levada a cabo por Axa ArqueoloxÃa, desvelou a existencia dunha zona de hábitat doméstico con catro estancias, e ao carón unha área "industrial complexa", con gran abundancia de muÃños de man e grellas para a cocción do pan. A maiores, e como os elementos máis espectaculares da intervención arqueolóxica, dous fornos para a cocción de cerámica e material de construción dos que se conserva a cámara de combustión e unha grella de arxila con buracos que, segundo Emilio Ramil, director da intervención, é das mellor conservadas de Galicia. Esta aldea atópase próxima ao castro de Vilantime. A construción da autoestrada non afectará aos restos pero Emilio Ramil propón que se consoliden e se poñan en valor "pola súa excepcionalidade e estado de conservación", segundo declarou a La Voz de Galicia. Ramil xa localizara noutra intervención de urxencia desta autovÃa un importante necrópole de finais da Idade do Bronce e inicios da Idade do Ferro con potes cerámicos contendo materiais de incineración e funerarios.
Outra perspectiva do excelente estado de conservacións dos fornos galaicorromanos. Fotos: Axa ArqueoloxÃa.
Outra perspectiva do excelente estado de conservacións dos fornos galaicorromanos. Fotos: Axa ArqueoloxÃa.