A Cidade da Cultura acolleu onte a presentación da Memoria de actividades de cultura da Xunta de Galicia 2016, un volume de 300 páxinas que repasa o traballo do Goberno Galego neste ámbito. A internacionalización, coa presenza na Feira do Libro de Bos Aires e a celebración do Womex, a integración de novas tecnoloxías en bibliotecas e arquivos e a nova Lei de Patrimonio son as accións que destacaron os responsables dos distintos departamentos implicados na presentación deste texto. No acto destacáronse tamén como fitos o Día das Letras dedicado a Manuel María, os centanarios das Irmandades da Fala e de Camilo José Cela e mais o 150 aniversario do nacemento de Valle-Inclán. O acto contou coa presenza do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; da directora xeral do Patrimonio Cultural, María Carmen Martínez Ínsua; do director da Agadic, Jacobo Sutil, e da directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez Reboredo.
No acto de presentación, o conselleiro Román Rodríguez sinalou a importancia da exposición que o Museo do Prado lle dedicou ao Mestre Mateo e falou sobre o desenvolvemento da Lei Paz-Andrade mediante iniciativas de colaboración cultural con Portugal. Os circuítos e as liñas de axuda da Axencia Galega das Industrias Culturais, programas como Galicia Culturea ou iniciativas culturais integradoras, como En-Red-Arte ou Artes pola integración foron outras accións qeu se destacaron no evento. En canto á Cidade da Cultura, o informe apunta que se celebraron no recinto do gaiás 149 actividades culturais que achegaron, segundo a Consellaría, a 150.000 persoas ao lugar.