
Outros feitos destacables que recolle o documento sobre este perÃodo inclúen o desenvolvemento da nova plataforma de préstamo de libro electrónico GaliciaLe e mais da librarÃa dixital da Xunta de Galicia. O recoñecemento da UNESCO para os Camiños do Norte, a exposición dedicada a O primeiro Picasso ou a que sobre o fotógrafo José Suárez se puido ver na Cidade da Cultura son tamén aspectos que destaca a Xunta de 2015. No campo da internacionalización, RodrÃguez apuntou a vindeira celebración da feira Womex en Santiago de Compostela e a presenza de Compostela como cidade convidada á Feira do Libro de Bos Aires. O documento complétase con dous anexos que detallan a a estrutura da ConsellarÃa e a relación das convocatorias realizadas polo departamento de Cultura e Educación.