Onte, 3 de abril, facÃase pública a nova do cese das directoras e catro das seis bibliotecas públicas xestionadas pola Xunta. As responsables dos centros da Coruña, Lugo, Pontevedra e Compostela recibiron o pasado 30 de marzo a notificación por parte da ConsellarÃa de Cultura da fin dos seus mandatos. A ConsellarÃa, segundo publica Praza Pública contextualiza esta decisión nunha modificación de equipos directivos ordinaria.
No entanto, a Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia (Bamad-Galicia) publicou un comunicado a lamentar "esta decisión xa que supón apartar das súas responsabilidades a 4 profesionais das bibliotecas sen que se teña explicado nin motivado publicamente as razóns destes ceses". Ademais, sinala que "ter cesado sen previsión de recambio a estas persoas deixa o funcionamento das bibliotecas baixo mÃnimos, impedindo que exerzan con normalidade as súas funcións" precisamente nunha época na que coinciden celebracións destacadas como o DÃa do Libro ou o DÃa das Letras. A entidade defende que estes postos se resolvan por concurso público no canto de por designación directa da ConsellarÃa de Cultura, como se está a facer na actualidade.