O pasado mes de setembro as técnicas de traballo de pedra en seco, parte da tradición canteira de Galicia, entraban no Censo do Patrimonio Cultural da Xunta. Xa naquel momento se adiantaba que este recoñecemento buscaba integrar este ben cultural nunha candidatura internacional que procurase o recoñecemento da UNESCO. O pasado 10 de marzo o Consello do Patrimonio Histórico Español aprobaba oficialmente a participación do Estado nesta candidatura ao tÃtulo de Patrimonio Cultural Inmaterial que outorga o organismo internacional. A proposta, liderada por Chipre e Grecia, integra tamén tradicións construtivas de SuÃza, Croacia, Francia e Italia. Dentro do Estado, participan na iniciativa bens inmateriais de AndalucÃa, Aragón, Asturias, Baleares, Extremadura,Cataluña e Valencia, para alén de Galicia.