A Xunta inclúe a cantería tradicional no Censo do Patrimonio Cultural

Participará dunha candidatura internacional a Patrimonio inmaterial da UNESCO

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Xunta publicou hoxe no DOG a resolución pola cal inclúe no Censo do Patrimonio Cultural a técnica da pedra en seco ou canteiría tradicional. Segundo a Xunta, "a técnica tradicional da construción coa pedra en seco conforma, sen dúbida, un dos exemplos de técnicas, coñecementos e usos máis relevantes das formas de vida tradicional e a relación das comunidades co medio para a creación da súa paisaxe. O rexistro non só inclúe as características técnicas do traballo coa pedra, senón "unha linguaxe propia de carácter gremial, abundante e complexo en termos e fontes, así como algúns temas para cantar tamén referidos ás formas de vida e ás relacións sociais dos canteiros, á súa habilidade, á súa vida itinerante". A Dirección Xeral de Patrimonio traballou con canteiros e responsables de patrimonio cultural de diferentes comunidades autónomas para "para a preparación dunha candidatura internacional para incluír a técnica na lista de manifestacións relevantes do patrimonio cultural inmaterial da Unesco".

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con UNESCO, Paisaxe, Dirección Xeral de Patrimonio

Claves

Conceptos