
Masu Fajardo, sábado e Celete González, a fechar o evento domingo, son os outros nomes integrados neste ciclo. A maiores, o Alt contará sábado coa presenza de Matarile Teatro, que presentará unha edición especial da súa obra Antes de la metralla, mentres domingo Cuina Furtiva achegará unha actividade gastronómica escénica.
No proceso da declarada extinción do festival, unha campaña en Change.org está a recoller sinaturas para lle solicitar ao Concello de Vigo que recupere o apoio económico ao evento. Segundo os organizadores, os sucesivos recortes neste financiamento son a causa da suspensión dun festival que leva ás costas dezaseis edicións.