Malia as dúbidas que provocaran os recortes orzamentarios en Cultura no Concello de Vigo, finalmente o Festival Alternativo presenta a súa nova edición, achegando unha selección de propostas experimentais no campo das artes escénicas, o teatro e a danza. O evento comeza mañá a súa undécima edición, e ata o vindeiro dÃa 11 contará coa presenza das compañÃas Sacude Danza, Mónica GarcÃa, Loscorderos, CompañÃa das MarÃas, La Cocina ou La Tristura, entre outras. No marco do evento celébrase o II Ciclo dedicado ás Novas Creadoras Galegas, que comezará o 8 de marzo a coincidir do DÃa Internacional da Muller. As entradas para os diferentes espectáculos manteñen o prezo habitual de cinco euros por función.
Programa do ALT 2012.