Emma Ríos é galardoada co Premio de Honra Virxinia Pereira de BD

O premio recoñece a carreira internacional da autora arousá

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Fotografía do Flickr de Emma Ríos

Fotografía do Flickr de Emma Ríos

A coincidir co Día Internacional da Muller, Pontevedra facía públicos onte os gañadores dos I Premios Virxinia Pereira de Banda Deseñada pola igualdade, que organiza o Concello en colaboración coa escola de BD O Garaxe Hermético. Francisco Pérez Outes, Pablo Prado Fernández, Adán Álvarez Rivas fíxéronse cos tres primeiros postos na primeira edición do certame mentres que Elísabet García Aires levou un accésit. A maiores, a concelleira de Igualdade, Carmen Fouces e mais o director de O Garaxe Hermético, Kiko da Silva, anunciaron que se concedeu un premio honorífico a Emma Ríos. A traxectoria internacional desta autora de banda deseñada arousá fíxoa merecente deste recoñecemento, que pretende tamén pór de relevo referentes femininos no mundo da novena arte.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emma Ríos, Banda deseñada, Igualdade, Garaxe Hermético...