Roberto Salgueiro transforma a Ubú Rei en Ubú OÂ’Reilly e sitúao no porto de Belfast buscando usurpar o lugar do "rei" do contrabando do porto, Dugan OÂ’Sullivan coa complicidade dun Bordure transfigurado en Liam O´Connor. Maragotas, tabaco de contrabando, os costumes ancestrais de Osetia e un cadro variopinto de situacións paradoxais que conforman unha historia cómica que transita veloz sobre o seu propio escenario. Deste xeito adapta e dirixe o dramaturgo a comedia caricaturesca e satÃrica de Alfred Jarry que estreará este venres no Pazo da Cultura de Narón coa compañÃa TalÃa Teatro. No elenco Toño Casais, MarÃa Ordóñez, Diego Rey, Marta RÃos, Artur Trillo, Marta Lado, Dani Trillo e Rubén Prieto interpretarán esta versión dunha das obras máis representadas que malia a nova perspectiva portuaria pretende conservar a "distorsión sintáctica do orixinal e o seu carácter inxenuo e profundamente teatral". Segundo afirma o seu director e adaptador, Roberto Salgueiro "na adaptación literaria procurei evidenciar a procacidade da linguaxe coa que Jarry escribiu o seu texto. Tentei escapar da versión máis naÃf e conservar, na medida do posible, o espÃrito atrevido da obra orixinal, logrando a convivencia da brutalidade implÃcita na propia obra co humor. O texto conta unha historia terriblemente violenta, sen embargo, quixen sempre conservar a súa comicidade. Podemos falar, quizais, dunha comedia atroz. Porque a risa non é un residuo, senón aquilo que lle da sentido a nosa vida".
O espectáculo dará comezo ás 20.30 horas e haberá función tamén o sábado. As entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo da Cultura, ou tamén no web: www.padroadodecultura.es, por 9,50 euros para o público en xeral e a prezo reducido para menores de 14 anos e desempregados. Tras a súa estrea en Narón o próximo venres 3 de marzo, a obra recalará o domingo 5 de marzo ás 20 h no Auditorio da Casa da Cultura de Cee, onde volverá aos escenarios o martes 7 de marzo cun pase para os escolares da vila. O dÃa 9 de marzo o espectáculo visitará o Edificio Multiusos de Monforte (20:15 h) e o dÃa 10 de marzo a compañÃa levará a montaxe ao Pazo da Cultura de Carballo (21 h). Por último, os dÃas 23, 24 e 25 de marzo a obra será presentada no Teatro Principal de Santiago de Compostela en tres sesións que terán lugar ás 20:15 h. As entradas para estas actuacións xa se poden adquirir na billeteira en liña do Teatro.