Talía Teatro estrea 'Vida de cans' de Cándido Pazó

Será este venres no Padroado de Cultura Concello de Narón

19/2/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

Dani Trillo, Tono Casais e Artur Trillo póñense na pel e nas orellas de tres cans moi diferentes entre si en Vida de cans. Alegoría canina en tres ladridos escénicos. Cándido Pazó é o autor e dirixe esta nova produción da compañía Talía Teatro que se estreará este venres 22 (20.30 hrs.) no Padroado de Cultura Concello de Narón. Na obra Nemo, Nolo e Lupo son tres cans moi diferentes entre eles aos que lles toca compartir un recinto no que viven moi ben, mais viven recluídos nel. Fóra do recinto está a liberdade. Cos seus desacougos, as súas incertezas, os seus problemas e os seus perigos, pero sendo libres. Cada un dos tres afronta o conflito entre a cómoda reclusión e a arriscada liberdade segundo a súa personalidade e todo vai derivando cara unha traxicomedia. A obra, de 1 hora e 15 minutos, tamén se representará o sábado 23, ás 20 horas.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cans, Cándido Pazó, Teatro, Talía Teatro...

Claves

Conceptos
Lugares