Desde hoxe e ata o vindeiro sábado 5 o Teatro RosalÃa de Castro da Coruña acolle as tres primeiras funcións da nova montaxe de TalÃa Teatro. Foucellas, escrita e dirixida por Cándido Pazó aborda a historia dun "maquis, un guerrilleiro, un home do monte, un deses que a xente denominaba xenericamente un "foucellas". Mesmo poderÃa ser o Foucellas. Ou non. Nunha situación desesperada, cun compañeiro como único resto do que outrora fora a súa partida, acomete a súa derradeira acción: o atraco, con secuestro incluÃdo, dun labrador acomodado, antigo militante agrarista, e da súa muller". A obra pon sobre as táboas a Toño Casais, Artur Trillo, MarÃa Ordóñez e Dani Trillo. Logo da Coruña, a xira continúa por Noia (12 de marzo), Cee (13 de marzo) e Narón (18 e 19).