Hai un tipo de patrimonio cultural que non está aquà nin acolá. Que aparece e desaparece moitas veces á semana e que só se pode visitar cando o reloxio indica a beiramar. Nun territorio atlántico como a Galicia, a zona intermareal, a que fica seca na maré baixa, non só é un espazo moi importante para os recursos mariños e a vida salvaxe, senón que agocha fascinantes restos do noso patrimonio. Esta é a segunda
A canle británica Channel 4 emitiu hai un poco a serie documental Britain at Low Tide (Bretaña con marea baixa) no que, cun enfoque moi orixinal, revelaban como a marea baixa podÃa contar moito sobre a historia das Illas británicas a través destes restos que todos os dÃas o mar retira. En Galicia tamén temos un rico patrimonio intermareal, que hai que visitar no tempo das marés baixas.
Temos desde importantes elementos arqueolóxicos, ata restos de paleosolos, bosques da prehistoria, tumbas altomedievais, muradas do Antigo Réxime, ou elementos etnográficos como cemiterios de barco, industrias. Nalgúns casos, están afectados polos cambios no nivel do mar, pero noutros é a propia erosión mariña a que vai levando elementos do noso pasado cara o territorio das marés. Nalgúns outros casos, é a acción da marea a que revela e desvela algúns importantes sitios.
Tamén queremos destacar un tipo de elemento moi pouco estudado en Galicia, aÃnda que relativamente abundante: os camiños intermareais, empregados polos viaxeiros e labregos para acurtar o tránsito a través de esteiros grandes. Nas Illas Británicas se lles dá un gran valor etnográfico.
Seguindo o seu ronsel, queremos propoñer a visita a algúns destes lugares. No mapa non incluÃmos espazos nos que aparece material arqueolóxico facilmente extraÃble.