A illa de Sálvora será declarada BIC

Está promovida pola propia Xunta de Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

As consellerías de Cultura e Medio Ambiente da Xunta de Galicia están a promover a declaración da illa de Sálvora como Ben de Interese Cultural. Segundo a Xunta, a illa cumpre os valores precisos para a declaración tanto desde o punto de vista natural (é reserva de diferentes especies tanto da flora como da fauna) como cultural (contén un conxunto de arquitecturas da sociedade agraria e mariñeira do século XIX e XX). A declaración BIC non supón un maior investimento na illa, senón unha maior regulamentación nos accesos e nos traballos de recuperación que nela se efectúen.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sálvora, Xunta de Galicia, Ben de Interese Cultural

Claves

Entidades
Lugares