A Xunta suprime a Fundación Illa de San Simón

Fundouse en 2007 para dinamizar a actividade da chamada Illa do pensamento

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Xunta suprime a Fundación Illa de San Simón

Creouna o bipartito no 2007 para promover os valores patrimoniais e dinamizar a actividade cultural da illa. A Fundacion contonou inicialmente cun orzamento de 750.000 euros cosque organizou congresos e propostas de índole cultural e social que reforzaron a idea de ser a “illa do pensamento”. A ritmo de danza, creatividade e música, entre outras actividades, pretendía esquecer o seu pasado como lazareto e cadea durante a Guerra Civil. Agora, a entidade de promover esas actividades desaparece trala decisión do Consello da Xunta de disolvela.

Outros dos cambios aprobados hoxe no primeiro Consello da Xunta do novo goberno implica outra reorganización, que supón a fusión do CIXTEC e o Instituto Galego de Estatística.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Illa de San Simón, Danza, Guerra Civil, Instituto Galego de Estatística