San Simón perfílase como espazo de reflexión e investigación

Dez mil persoas participaron na actividade da Illa de San Simón en 2011

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O balance da actividade desenvolvida na illa de San Simón en 2011 deixa cifras destacadas.10.000 visitantes ou participantes nas propostas culturais e nas visitas dun espazo rebautizado como “Illa do Pensamento”. Ao longo do ano, fixéronse once foros de carácter nacional e internacional en ámbitos como a neurociencia, a comunicación social ou as novas tecnoloxías. O balance da actividade, máis o plan de actividades de 2012, presentouse onte no Consello da Xunta sen que trascendesen as actividades previstas a curto prazo. Á vista dos informes de actividades pasados, a función de investigación, debate e proposta de ideas destaca na actividade da illa.

Entre as actividades desenvolvidas ao longo de 2011, algunhas como o INDCREA, deixaron propostas como a creación do Laboratorio Permanente para as Industrias Culturais. Unha proposta que pretendía abrir espazos de reflexión, formación e investigación sobre as industrias culturais e creativas que nacía con vocación de continuidade.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Dosier: San Simón

Coa saída do IGADI e o Fondo Galego de Cooperación, San Simón queda sen actividade

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Illa de San Simón