O MARCO e o Auditorio de Galicia repasan a arte feminista galega

O centro vigués acolle Alén dos xéneros. Prácticas de arte feminista en Galicia ata o 11 de xuño

30/1/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo inauguraba o pasado venres o proxecto Alén dos xéneros. Prácticas de arte feminista en Galicia. A iniciativa, coproducida en colaboración co Auditorio de Galicia propón, a través da obra de cincuenta artistas un "panorama das prácticas artísticas feministas en Galicia dende os anos noventa ata a actualidade". Ánxela Caramés comisaria unha exposición que, segundo explica o centro "permite contextualizar o traballo artístico que aborda as cuestións de xénero, poñendo en relación o ámbito galego co estatal e internacional. Ofrece unha revisión das prácticas feministas realizadas tanto por mulleres coma por homes e, á súa vez, tende pontes entre as producións artísticas e os movementos sociais e políticos reivindicativos, como os grupos activistas feministas e LGTBQI. A mostra indaga e afonda na pluralidade de aspectos da arte feminista e dá visibilidade a xeracións máis novas, vinculándoas coa obra de artistas cunha traxectoria máis consolidada".

A mostra estará aberta ata o vindeiro 11 de xuño e conta con traballos de Xoán Anleo, Lara Bacelo, Luz Darriba, Mar Caldas, Xisela Franco, Ana Gesto, Carme Nogueira, Uqui Permui, María Ruído ou Neves Seara entre outros.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xénero, Auditorio de Galicia, Mulleres, Vigo...