Mañá, mércores 28 de xuño, inaugúrase no Auditorio de Galicia da capital galega a mostra '1984. Unha xenealoxía feminista da arte urbana galega', un ensaio expositivo inédito en Galicia sobre muralismo con perspectiva de xénero que o leva ás paredes dun espazo pechado de exposicións. O proxecto xurde arredor da investigación sobre arte urbana feminista baixo a mirada das especialistas en graffiti e muralismo contemporáneo, Amabel González Troncoso e Clara Rodríguez Cordeiro, comisarias da mostra. A mostra supón un percorrido pola obra de 31 artistas galegas, algunhas das cales teñen intervido nos propios muros en sala. Estará aberta até o vindeiro 12 de novembro.
'1984. Unha xenealoxía feminista da arte urbana galega' supón a primeira exposición en España sobre a historia da arte urbana feita por mulleres galegas en formato cronolóxico, e onde por vez primeira saen á luz algunhas das artistas. A publicación 'Cando elas toman os muros: feminismo e arte urbana (2022) de 7H', editada pola UDC, é o punto de partida para esta exposición. A partir da numerosa documentación achegada por artistas e coleccionistas de toda Galicia, constrúese unha persoal xenealoxía na procura de deconstruir a idea da ausencia de mulleres que pintan na rúa. Unha historia da arte paralela á institucional que reúne o traballo de diferentes xeracións de creadoras combatendo os estereotipos de xénero con feitos históricos como o que demostran que o primeiro graffiti realizado en Galicia foi obra dunha muller Seor, en 1984, data que toma como punto de partida o proxecto que se desenvolve no percorrido expositivo. Este amosa o traballo tan diverso feito o longo de case 40 anos pintando os muros de Galicia. Segundo as comisarias, a cultura underground "amosou unha enorme falta de igualdade entre os seus actores masculinos e femininos na súa presenza na rúa, en festivais ou concursos".
Estas artistas desafiaron os límites sociais, cos seus diversos fundamentos, motivacións e formas de expresións. Tiveron que pintar en espazos non seguros, sufrir agresións verbais ou físicas polo feito de ser muller artista na rúa. Algunhas delas, por mor de diversas dificultades non continuaron, pero moitas fixeron da súa experimentación coa arte urbana todo un medio de vida profesional incorporándose a outros sistemas creativos, como as belas artes, o deseño, a ilustración ou as artes aplicadas. A mostra percorrerá as obras das seguintes artistas galegas: AËR / ALDARA THUNDERBIRD / XOANA ALMAR / TAMARA BAZ / LIDIA CAO / ABI CASTILLO / CATA UKELELE / DOA OA / DUNE / EME / EXPOSTAS / IRIA FAFIÁN / FERCHO / FESTA / FUNE / LULA GOCE / HYDRA / IRA / PORTE JEREMÍAS / KYA / LUPITA HARD / MISS 7 / NANA / ANDREA OTERO VÁZQUEZ / IRIA PROL / SAX / SELMA / SEOR / SMILE / SOURIS / SUELO.