A Deputación de Ourense crea unha comisión de expertos para o patrimonio cultural

Asesorará ao organismo en materia de proxectos do patrimonio cultural

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A provincia de Ourense contará cunha comisión de expertos para "abordar lineas de actuación que potencien a riqueza patrimonial" do territorio. O obxectivo é "reunir aos principais técnicos e representantes de institucións, vinculados co patrimonio provincial ourensán, para que avalíen, analicen e elaboren informes refereidos a temas patrimoniais nos que traballe e colabore a Deputación de Ourense". No primeiro encontro foron convocados os profesores Antonio Colmenero e Jorge López Quiroga, o presidente da asociación cultural O sorriso de Daniel, Antonio Diéter Moure, e o arqueólogo José María Eguileta. Tamén figuran representantes das institucións patrimoniais da provincia: a decana da Facultade de Historia, o director do Museo Arqueolóxico e o técnico cultural Antonio Piñeiro.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Ourense, José María Eguileta, Antonio Piñeiro, Arqueoloxía

Claves

Conceptos
Lugares