A novela Arnoia, Arnoia, do escritor Xosé Luis Méndez FerrÃn, publicada por primeira vez en 1985, converterase en videoxogo que contribuirá "a trasladar a todos os públicos a riqueza literaria e turÃstica de Celanova e da provincia de Ourense por medio dun formato novidoso e interactivo", afirmou o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, logo da reunión que mantivo no Pazo Provincial cos impulsores desta iniciativa cultural: Antonio Piñeiro, coordinador cultural no Concello de Celanova, Luz Castro, da empresa compostelana Imaxin Software e especialista en marketing dixital, e MartÃn López Nores, profesor da Escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo e coordinador por esta universidade, do programa europeo CrossCult. O videoxogo, que permitirá entre outras posibilidades descargalo como app e xogar en rede e mesmo terá tamén o formato de xogo de mesa, consistirá en ofrecer unha serie de pistas para percorrer a comarca de Celanova a través de xeolocalizacións, conxugando escenas de realidade aumentada con escenarios reais.
A obra na que se basea o videoxogo narra a viaxe de Nmógadah, un mozo de dezaseis anos, un dos PrÃncipes Segredos das terras de Arnoia, na procura de aventuras. Entre os escenarios que figurarán nesta proposta audiovisual figuran o alcázar de Milmanda, a ponte de Freixo, Cortiña Grande, Castromao, os rÃos Arnoia e Tuño e a Chaira, entre outros. O proxecto, que terá versións en galego, español e inglés, ten como obxectivo -por medio da transformación da novela Arnoia, Arnoia ao ámbito do videoxogo- dinamizar didáctica e turisticamente as Terras de Celanova e da Baixa Limia; divulgar a literatura dos autores de Celanova con outro tipo de rexistros e linguaxes comunicativas alén do libro; e utilizar as novas tecnoloxÃas para aproximar a literatura dos autores de Celanova á xuventude. Tamén pretende promover a dinamización local e o fomento do emprego por medio da creación de industria cultura baseada no patrimonio literario e cultural de Celanova e a súa zona de influencia.