Bieito Ledo recibe o premio 'Celanova, casa dos poetas'

O galardón cumpre corenta anos

2/9/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: literaturasociedade
76 lecturas | Compartido 0 veces

O editor e xestor cultural Bieito Ledo recibiu o premio "Celanova, casa dos poetas", outorgado pola Fundación Manuel Curros Enríquez en Celanova e que este ano cumpre a súa edición número 40. O xurado do prmeio valorou a contribución de Ledo á cultura galega desde múltiples ámbitos, coma o editorial a través de edicións do cumio e o lanzamento da Enciclopedia Galega Universal, a xestión cultural e a organización de actividades e propostas de posta en valor da cultura galega, como a creación dos Premios da Crítica en Vigo. Outros galardoados co premio 'Celanova, casa dos poetas' foron personalidades como Xosé Luís Méndez Ferrín, Carlos Núñez, Manuel rivas, Luís Tosar ou entidades como a Real Academia Galega ou o Parlamento de Galicia, entre outras.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celanova, Manuel Curros Enríquez, Manuel Curros Enríquez, Carlos Núñez...