Varias xornadas analizan como poñer en valor o patrimonio cultural

Ourense acollerá cursos de verán e conferencias sobre experiencias de divulgación

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A provincia de Ourense convertirase este verán nun foco para quen queira profundizar nas estratexias de posta en valor, difusión e divulgación do patrimonio cultural do país. Dunha banda, entre o 9 e o 12 de xullo, a Universidade de Vigo organiza o curso "Valoras o teu patrimonio? Modelos de xestión patrimonial no Noroeste peninsular", que ao longo de espazos senlleiros do patrimonio da provincia en Bande, Sandiás ou Allariz, reflexionarán con estudios de caso, análisis teóricos e de públicos ao redor do patrimonio cultural. Por outra banda, a cidade de Ourense entre o 27 e 28 de xuño acollerá a Conferencia Internacional sobre Territorios Creativos, unha acción do proxecto Imagina Atlántica financiada con fondos FEDER. O obxectivo é reunir "actores internacionais para debatir sobre novas tecnoloxías da imaxe e patrimonio", e reúne a expertos en desenvolvemento, creadores e creativos da industria audiovisual e da divulgación do patrimonio.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Feder, Universidade de Vigo, Bande...

Claves

Conceptos