Abriu xa a matrÃcula para os cursos de verán que convocan as universidades galegas. Dentro da ampla oferta que encabeza a Universidade de Santiago verifÃcanse varios focos de interese entre as citas formativas que teñen un carácter cultural. En xeral, o patrimonio mantense como un dos eixes destacados neste tipo de convocatorias para os vindeiros meses, con propostas como a oitava edición do encontro Patrimonio cultural e natural do Bierzo que a Universidade de Vigo leva a Vilafranca do 6 ao 8 de xullo. De xeito similar, Vilanova de Arousa acollerá Arte, historia, xeografÃa e cultura na comarca do Salnés: Alén da Igrexa entre o 16 e o 19 de xullo, mentres O camiño no ano do Patrimonio Cultural Europeo protagoniza as XI Leccións Xacobeas Internacionais na USC. A estes súmase outros como Biodiversidade e patrimonio na montaña lucense: Conservación e uso social que abordarás estas complexas cuestións entre o 11 e o 14 de xullo.
En relación con isto, obsérvase unha proliferación de cursos que atenden á interacción entre patrimonio, cultura, turismo e sectores produtivos. De xeito máis especÃfico, o interese formativo sobre a paisaxe fica de manifesto en convocatorias como as que fai a Universidade de Santiago en A Ribeira Sacra: Paisaxe, patrimonio e terra de viños que se desenvolverá en Monforte de Lemos do 16 ao 20 de xullo e mais na experiencia Paisaxes en produción que do 11 a 14 de xullo analizará posibilidades de desenvolvemento para o rural desde unha perspectiva integrada arredor do concepto da paisaxe. Na mesma liña, o desenvolvemento rural preséntase como outra tendencia en boa parte da oferta, con propostas que atenten ao atención ao cambio climático e o seu impacto neste medio ao traballo gandeiro en pastos.
O interese polas perspectivas multidisciplinares de desenvolvemento pode comprobarse tamén en convocatorias paralelas aos cursos de verán como son o seminario O patrimonio cultural do Courel: Inmaterial, arqueolóxico, histórico que se desenvolve na Estación CientÃfica da USC en Seoane do Courel entre o 8 e o 10 de xuño, ou o encontro Desenvolvemento rural e espazos naturais que convoca a Fundación Juana de Vega co apoio da USC en Vilariño de Conso nas mesmas datas.
Dentro da oferta máis especÃfica arredor do turismo e da súa problemática, a USC fai unha proposta formativa sobre Slow Tourism na USC a comezos de setembro, ademais do curso Turismo e paisaxe en Guitiriz (11 a 13 de xullo). Desde A Coruña a quinta edición de A Evolución do Turismo no Marco da Sociedade Global: Retos para a súa Planificación e Xestión abordará tamén estas cuestións.
Na listaxe hai tamén espazo para o patrimonio inmaterial, con dúas convocatorias (en Compostela en Lugo) de Contar, cantar, bailar e as outras 100 linguaxes na crianza, un curso orientado a familias que chama a aproveitar os recursos da nosa tradición na educación cos máis cativos, mentres encol da lingua atopamos o xa clásico Traballando na Calidade da Lingua da Universidade da Coruña os dÃas 18 e 19 de xullo ao que se suma Galego, porta aberta para o mundo na de Compostela do 26 ao 29 de xuño.
A perspectiva de xénero no cine e mais A construción do xénero e o sistema de (In)xutiza son as dúas convocatorias que abordan esta cuestión na oferta deste verán, mentres Efémero preséntase como unha experiencia de formación sobre a historia da moda. A segunda xeira do Obradoiro de nova xestión cultural ou unha análise do perÃodo da Transición son outras opcións que fan parte dos cursos para o verán das universidades galegas.