A Xunta aprobará un novo programa galego de Muller e Ciencia

Durante a entrega do Premio Wonenburger á matemática Peregrina Quintela

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

Alberto Nüñez Feijóo, presidente da Xunta, anunciou onte a posta en marca do segundo programa galego de muller e ciencia (2016-2020), que contará cun investimento público de nove millóns de euros. O programa contará con tres eixos: un cambio institucional e organizativo para facilitar a igualdade de oportunidades, a presenza equilibrada das distintas áreas de coñecemento, en cada tipo de departamento e nos postos de resposnabilidade. O Presidente da Xunta fixo este anuncio durante a entrega do Premio María Josefa Wonenburger Planell 2016 á matemática Peregrina Quintela.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Igualdade

Claves

Conceptos