A música e as artes escénicas botan o fecho esta semana aos actos que este ano se lle dedicaron a Manuel MarÃa, homenaxeado no DÃa das Letras, e mais a Castelao. AsÃ, UxÃa, Xabier DÃaz e Guillerme Fernández protagonizan o concerto A música amorosa das palabras, que se celebrará este xoves, 15 de decembro a partir das 20 horas no Teatro Colón da Coruña. A actividade, que organiza a fundación do autor en colaboración coa Deputación provincial, é o último dos actos que lembrarán o autor neste 2016. A presidenta da Fundación Manuel MarÃa, Saleta Goi, sinalou que co concerto queren "dar as grazas ao pobo galego en xeral, a todas as persoas que participaron nas actividades deste ano".
Pola súa banda, a Deputación de Pontevedra promove a Gala Castelao, o encontro co que fecha os actos do ano que lle dedicou ao rianxeiro. O evento celébrase o vindeiro domingo 18 de decembro ás 18 horas no Pazo da Cultura e conta coa presenza de Carlos Blanco e Luis Davila, a mesturar narración oral e humor gráfico. Xurxo Souto, Lydia Botana e 2naFronteira achegarán o aspecto musical mentres Celso Parada e de Limiar Teatro abordarán o ámbito escénico do encontro.