AÃnda que se fallaron o pasado mes de setembro, foi onte cando se deron a coñecer os gañadores e se entregaron os Premios Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe. Estes galardóns, que nacen este ano a ampliar o ámbito dos Premios de Arquitectura que convocaba esta fundación, pretenden "recoñecer aquelas intervencións no patrimonio natural e construÃdo, que contribúan a mellorar a calidade dos elementos que configuran a paisaxe de Galicia e que sirvan de referencia social para futuras intervencións no mesmo". Nesta ocasión, o xurado outorgoulle o premio, dotado con 6.000 euros, ao proxecto Restauración das lagoas na Reserva da Biosfera de Terras do Miño, Cospeito-Lugo presentado por Pablo Ramil, Luis Rego e Javier Ferreiro. O Xurado destacou desta iniciativa "a adecuación dos traballos para preservar un espazo natural de gran valor ecolóxico" que "recupera ademais unha rede de camiños para seren empregados polos visitantes para transitar a través dunha vexetación excepcional e pon en valor elementos do noso patrimonio cultural, como os peches de chanto ou de sebe".
O xurado, formado por José Antonio Franco Taboada, Isabel Aguirre de Urcola, Teresa Andressen, Enrique Sáez Ponte, Pedro Calaza MartÃnez e Juan Manuel Palerm Salazar, acordou tamén outorgarlle un accésit, dotado con 1.500 euros, á reurbanización San Clemente en Santiago de Compostela. O proxecto de Abalo Alonso Arquitectos foi valorado polo respecto á contorna histórica "cun deseño delicado nos elementos estruturais e unha coidada selección dos materiais empregados, destacando a harmonÃa do conxunto da intervención e o trazado da gran escaleira, deseñada con varios planos e diferentes dimensión dos chanzos".