O DAC-Outono Cultural levará as figuras e efemérides do 2016 a 18 concellos coruñeses

Manuel María, as Irmandades da Fala e Castelao centrarán catro espectáculos escénicos

O programa DAC-Outono Cultural da Deputación da Coruña levará a18 cabeceiras comarcais catro espectáculos escénicos para difundir as figuras e efemérides culturais que se conmemoran no ano 2016 en Galicia: Manuel María (Día das Letras Galegas), Irmandades da Fala (Centenario) e Alfonso Daniel Rodríguez, Castelao (Ano Castelao Artista). Un amplo elenco de actores e actrices representará as obras "Barriga Verde", "Retrincos de Castelao" "Menú da fala" e "Gala da Irmandade" utilizando como espazos escénicos os centros educativos de Primaria e Secundaria, Casas de Cultura, Auditorios e a propia rúa co fin de achegar a un público heteroxéneo a importancia destas grandes figuras da cultura galega e a través de espectáculos contemporáneos con actores de primeira fila. Entres estes artistas atópanse Isabel Risco, Carlos Blanco, Luís Davila, Luís Iglesia, Caxade, Fran Rei, Xabier Deive, Diego Rey, Mónica de Nut e Ánxela Blanco, ademais da compañía Os Quinquilláns.

Será xente das asociación das localidades as que compoñan o vídeo viral de cada localidade creado arredor dun poema de Manuel María que servirá tamén para difundir o programa. A responsable de Cultura da Deputación sinalou que este programa se desenvolverá nos meses de novembro e decembro en 18 vilas cabeceiras de comarca da provincia: Ames, Arzúa, Betanzos, Carballo, Cee, Melide, Muros, Narón, Negreira, Noia, Oleiros, Ordes, Ortigueira, Padrón, As Pontes, Ribeira, Santa Comba e Vimianzo. Goretti Sanmartín explicou o proxecto co obxectivo de "divulgar o legado cultural destes tres eixos da nosa cultura, de maneira especial, ás novas xeracións, con espectáculos e linguaxes contemporáneas".

CALENDARIO DA PROGRAMACIÓN
NOVEMBRO
Mércores 2, Negreira. O conto de Barriga Verde (10.00, CEIP O Coto) e Retrincos (12.30, Auditorio para IES)
Domingo 6, Negreira. Menú da Fala. Auditorio da Casa da Cultura, 21.00
Martes 8, Ames. O conto de Barriga Verde (10.00, CEIP de Ventín) e Retrincos (12:50, IES de Ames)
Xoves 10, Arzúa. O conto de Barriga Verde (10.00 CEIP de Arzúa) e Retrincos (12.30, IES de Arzúa)
Domingo 13, Ames (Casa da Cultura do Milladoiro, 18.00). Menú da Fala / Pazo da Cultura de Narón, 19.00, Gala
Luns 14, Narón. O conto de Barriga Verde, CEIP A Solaina, 10.00, e Retrincos IES A Telleira, 12.30
Martes 15, Oleiros. O conto de Barriga Verde, CEIP Ramón Mª del valle-Inclán, 10.00, e Retrincos IES María Casares, 12.30
Mércores 16, Ortigueira. O conto de Barriga Verde (Colexio, 10.00 e Retrincos (Auditorio do Concello ás 12.30 para IES Alfredo Brañas)
Domingo 20, Ortigueira, Gala, Teatro da Beneficencia, 20.30 / Menú da Fala, Auditorio Gabriel García Márquez de Oleiros, 20.00
Luns 21, Ordes. O conto de Barriga Verde, CEIP A.D.R. Castelao, 10.00
Martes 22, Vimianzo. O conto de Barriga Verde, 10.00, e Retrincos, 12.30 PENDENTES COLES
Mércores 23, Betanzos. O conto de Barriga Verde (CEIP Francisco Vales Villamarín, ás 10.00) e Retrincos (IES Francisco Aguilar, 12.30)
Venres 25, Betanzos, Aula de Cultura, 20.30, Gala/ Retrincos, Casa da Cultura de Ordes, para IES Maruxa Mallo, 12.30 / Menú da Fala, Vimianzo, 21.30
Domingo 27, Ordes, gala, auditorio Casa da Cultura, 20.00 / Menú da Fala, Casa da Cultura de Melide, 19.30
Luns 28 As Pontes. O conto de Barriga Verde, 11.30, e Retrincos, 16.30 (Casa do Peso)
Martes 29, Muros. Casa da Cultura. O conto de Barriga Verde(10.00) e Retrincos (12.30)
Mércores 30, Noia. O conto de Barriga Verde(10.00) e Retrincos (12.30) PENDENTES COLES
DECEMBRO
Xoves 1. Padrón, Auditorio Municipal. O conto de Barriga Verde (10.00) e Retrincos (12.30)
Venres 2, Gala, Auditorio de Padrón, 20.00 / Cee. O conto de Barriga Verde, Auditorio da Casa da Cultura, 15.30
Sábado 3, Muros. Menú da Fala, Casa da Cultura, 21.30 / As Pontes, Gala, Auditorio Cine Alovi, 19.00
Domingo 4. Menú da Fala - Teatro Coliseo Noela, Noia, 20:00/ Gala das Irmandades no Auditorio da Casa da Cultura de Arzúa, 18.00h
Mércores 7, Casa da Cultura para CEIP Xesús San Luis de Carballo, 10.30. O Conto de Barriga Verde (esta acábase de pechar agora)
Luns 12, Santa Comba. O conto de Barriga Verde, 10.00. Retrincos, 12:30
Martes 13, Melide. O conto de Barriga Verde, 10.00. Retrincos, 12:30
Mércores 14, Ribeira. O conto de Barriga Verde 10.00 e Retrincos 12.30
Xoves 15, Cee. Retrincos, Auditorio da Casa da Cultura, 11.00
Venres 16, Ribeira, Gala , Auditorio Municipal 21.00 / Pazo da Cultura de Carballo, Menú da Fala, 21:00
Sábado 17, Cee. Menú da Fala, 20:15, Auditorio da Casa da Cultura
Domingo 18, Santa Comba. Gala. Auditorio Edificio Multiusos, 1