A figura de Manuel MarÃa e as Irmandades da Fala centran a programación do Consello da Cultura Galega para este 2016. En total acollerá preto de cincuenta actividades, cun orzamento que ascende a 2 415 833 euros, 41 386 máis que en 2015. Con respecto ao homenaxeado este ano no DÃa das Letras Galegas, a institución celebrará o seu tradicional concerto e reeditara a obra de Manuel MarÃa Advento. No que ten que ver coas Irmandades, o CCG celebrará o seu centenario cun programa de actividades que fará unha revisión dos presupostos ideolóxicos deste movemento e que se concreta nun álbum web de persoeiros, dúas exposicións e varios seminarios de carácter internacional que atenderán á relación das Irmandades co contexto español, europeo e iberoamericano. Estas actividades desenvolveranse entre 2016 e 2018, coincidindo co centenario da creación e expansión deste movemento. A primeira cita terá lugar en outubro, baixo a coordinación de Xosé Manuel Núñez Seixas, e centrarase nas nacionalidades na Europa de entreguerras.
Un programa variado: identidade e emigración
A programación de actividades destaca por exhibir unha concepción da cultura ampla cunha gran variedade temática. Haberá unha nova edición de propostas xa habituais do calendario como o programa “No bico, un cantar”, que xunta no primeiro venres de xuño poesÃa e mocidade; este ano terá lugar en Cangas e versará sobre os poetas medievais galegos. Os Encontros pola Normalización LingüÃstica trasládanse ao mes de abril e a Comisión de Igualdade terá a súa xornada de homenaxe a unha muller destacada para a cultura galega, que este ano será Kathleen Nora March.
Ademais, están previstas actividades sobre a “Dieta atlántica e a cultura”, a “Publicidade en galego”, a “Dobraxe cinematográfica”, o “Teatro escolar” e a “Cultura, creación e dereitos de autor”. A comunicación terá un protagonismo especial cun seminario sobre a cabeceira A Nosa Terra e o xornalismo en galego, outro sobre os desafÃos para a cultura en rede e outro sobre os retos da comunicación cultural.
Entre as propostas programadas, destaca a exposición Galicia 100, que representa a idea de Galicia a través de cen obxectos. Está en fase de musealización e inaugurarase en Santiago no mes de maio.