Cataluña, Portugal e Irlanda conforman os grandes ecos externos das Irmandades da Fala, tal e como afirmou Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega na primeira intervención do congreso “O contexto internacional das Irmandades da Fala: as nacionalidades na Europa de entreguerras: de imperios a nación” que estes dÃas ten lugar en Santiago de Compostela. O simposio, coordinado por Xosé M. Núñez Seixas pretende estabelecer unha ollada dende fóra e unha reflexión sobre o peso que os referentes exteriores tiveron nas Irmandades da man dos mellores especialistas europeos na materia.
Trece historiadores europeos transnacionais, pioneiros no ámbito da historia comparada son os encargados de contextualizar o movemento das Irmandades para entender o seu significado de xeito global e comparado. Os expertos defenderon que o nacemento das Irmandades no ano 1916 non constitúe un feito illado senón que entronca directamente co que estaba a suceder na Europa do momento. Deste xeito, a crise do sistema polÃtico da Restauración, a vertente americana no pouso dos emigrantes retornados e o conflito europeo co conseguinte auxe dos nacionalismos na Europa de entreguerras outorgaron ás Irmandades unha dimensión internacional da que os seus integrantes foron conscientes. A reivindicación nacional era o signo dos tempos e Galicia mergullou nesa vaga internacional con claros referentes en Cataluña, Portugal e Irlanda. O seu programa de regaleguización, atención aos problemas económicos e a autonomÃa como forma de autogoberno non chegou a se consolidar como unha ruptura xeracional completa, pero foi crucial na ruptura cultural coa creación de numerosos elementos simbólicos (prosa, efemérides, música, himno, bandeira, monumentos) que conforman o repertorio do nacionalismo, tal e como defendeu o profesor Ramón Villares.