As bibliografías dos irmáns Ramón e Antón Villar Ponte son as primeiras entradas do álbum Irmandades da Fala. Unha iniciativa do Consello da Cultura Galega que pretende difundir dun xeito divulgativo as biografías e materiais de máis de dúas ducias de persoas que formaron parte do movemento. O proxecto está coordinado por Miguel Anxo Seixas Seoane, quen asina un texto que explica o contexto de nacemento das Irmandades da Fala. O Álbum faise visible ao público hoxe, 21 de marzo, ao coincidir coa data na que Ramón Villar Ponte asina o manifesto Nuestra afirmación regional que reivindica a problemática do idioma e a necesidade de recuperar o seu uso. O Álbum actualizarase de xeito mensual e conforma algunha das actividades que o Consello da Cultura Galega ten programado para celebrar o centenario deste fenómeno.
O 21 de marzo de 1916 Antón Villar Ponte data a primeira edición do folleto titulado "Nacionalismo gallego. Nuesra afirmación regional" que supón a primeira vez que se fai explícito un manifesto que insta á recuperación da lingua explica Miguel Anxo Seixas Seoane. Esta data dá pé á saída deste proxecto que inclúe referencias biobibliográficas das principais figuras vencelladas a este movemento. Este manifesto, que o propio Antón Villar Ponte considerou como os apuntamentos para un libro, agrupa parte dos argumentos e parágrafos literais de varios artigos que publicara previamente no xornal La Voz de Galicia e nos que facía consciente a problemática do galego e a necesidade de emprender de inmediato un labor de defensa e potenciación do seu uso.
O 22 de xullo de 2015, o Plenario da institución aprobou un amplo programa de actividades que se inicia en 2016 e que se estenderá ata 2018 en paralelismo coa notable expansión que as Irmandades da Fala amosaron entre 1916 e 1918. O programa pretende facer unha revisión dos presupostos ideolóxicos deste movemento e situalo no contexto español, europeo e na súa relación co mundo da emigración.
Tres seminarios
As nacionalidades na Europa de entreguerras: de imperios a nacións: o contexto internacional das Irmandades da Fala. Baixo a coordinación do profesor Xosé Manuel Núñez Seixas, profesor da Universidade de München e da Universidade de Santiago de Compostela, analizaranse as Irmandades da Fala en clave europea co estudo das nacionalidades da época de entreguerras. Este congreso ten previsto a súa celebración en outono desde 2016.
Cultura e política na España do primeiro terzo do século XX: nacionalismos culturais e políticos, o exemplo das Irmandades da Fala. Nesta cita, prevista para o vindeiro ano, preténdese afondar na cultura e na política do primeiro terzo do século XX.
Galicia-América, unha viaxe de ida e volta: Ecos das Irmandades da Fala fóra de Galicia. En 2018 pecha o ciclo un seminario centrado na relación das Irmandades co movemento migratorio.
Dúas exposicións
As sociedades corais nos tempos das Irmandades da Fala. Esta mostra, programada para principios de 2017, pretende facer unha revisión do período das Irmandades a través das sociedades corais que impulsaron e promoveron para a normalización da lingua e a cultura de Galicia. A mostra céntrase principalmente nos catro coros históricos que manteñen a súa actividade artística: a Coral de Ruada (Ourense), Cántigas da Terra (A Coruña), Cantigas e Agarimos (Santiago) e o coro Toxos e Froles (Ferrol). A exposición achega documentación variada que abrangue partituras, vestiario, escenografía, libretos que dan conta da súa faceta musical e teatral.
Alba de Gloria: sobre a "simbólica nacional galega". Coincidindo co setenta aniversario do célebre discurso político de Alfonso Castelao coñecido como Alba de Gloria, pronunciado o 25 de xullo de 1948 en Bos Aires, a exposición pretende amosar as sesenta e catro personalidades que Castelao cita nesa alocución como as grandes figuras da historia de Galicia.