O centenario das Irmandades da Fala neste 2016 segue a provocar actividades que buscan a recuperación da memoria desta organización polÃtica e cultural A Agrupación Cultural O Galo organiza as xornadas "As Irmandades da Fala en Compostela", que se desenvolverán en outubro e novembro na Facultade de FilosofÃa, "e achegarán luz a esta etapa florecente para Galiza, onde Santiago de Compostela foi unha verdadeira capital cultural e de coñecemento", en palabras de Isabel Kerdudo, coordinadora. Entre os temas que se tratarán en cada sesión, daranse a coñecer as investigacións realizadas sobre o ideario das Irmandades da Fala; a vinculación polÃtica, agrarista e sindical; a prensa, a poesÃa, o teatro, a estética dos artistas como Camilo DÃaz e Francisco Asorey; o feminismo; a vinculación con Dieste, Castelao e Otero Pedrayo; o papel da editorial Nós.
Será, pois, un compendio de temas para adentrarse na pegada que deixaron as Irmandades da Fala en Compostela por parte de especialistas en cada tema como Emilio Xosé Insua, Pilar GarcÃa Negro, Francisco RodrÃguez, Laura Tato, Xusto Beramendi, Rosa Aneiros, Encarna Otero, Teresa López Fernández e Miguel Anxo Seixas, entre outras persoas. Estas xornadas desenvolveranse o 13, 14 e 22 de outubro e o 21, 22, 24 e 25 de novembro na Facultade de FilosofÃa, na praza de Mazarelos de Santiago de Compostela. O sábado 22 de outubro haberá un roteiro guiado polos lugares onde moraron ou desenvolveron o seu labor os membros das Irmandades da Fala.