Un congreso analiza o impacto das Irmandades da Fala na Galicia do século XX

Celébrase no Museo do Pobo entre o 17 e o 19 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Comprender a significación das Irmandades da Fala na "evolución do pensamento, das ciencias, da literatura e das artes de Galiza" así como a súa "incidencia na dinámica política dun período en que as tensións nacionais e a conflitividade socio-política adquiren unha especial relevancia no seo do Estado español" é o obxectivo do simposio "Repensando Galiza: as Irmandades da Fala (1916-1931), que se celebrará no Museo do Pobo Galego entre o xoves 17 e o sábado 19 de novembro de 2016. No congreso participarán especialistas como Uxío-Breogán Diéguez, Justo Beramendi, Xosé Carlos Garrido, Laura Tato, Manuel Roca ou Pilar García Negro, entre moitos outros expertos.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Irmandades da Fala, Pilar García Negro, Justo Beramendi, Breogán...