Quiosco: Murguía número 32

As Irmandades da Fala protagonizan a nova entrega da Revista Galega de Historia

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Quiosco: Murguía número 32

A coincidir co centenario das Irmandades da Fala a Revista Galega de Historia Murguia publica un número centrado neste movemento. Deste xeito, Carlos Velasco Souto e Dionísio Pereira abordan o movemento obreiro e o agrarismo nesta época, mentres Pilar García Negro analiza o feito lingüístico galego de Ramón Vilar Ponte e Justo Beramendi asina un artigo sobre os comezos do movemento das Irmandades. Prudencio Viveiro, pola súa banda fala sobre Lois Porteiro Garea, un dos iniciadores destes grupos. A Irmandade da Fala de Betanzos, o interese do galeguismo de comezos do século XX polos Países Baixos a obra pictórica de Castelao e os pioneiros coros galegos son outros contidos deste número 32, no que tamén se recensionan diferentes publicacións.

Que che parece esta nova?
99 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Irmandades da Fala, Justo Beramendi, Pilar García Negro, Castelao...