Entre o 18 e o 20 de febreiro de 1922 os membros das Irmandades da Fala, a destacada organización galeguista, reuníronse na súa IV Asemblea en Monforte nun clima de discrepancia no que se decidía cal debía ser a estratexia política do incipiente nacionalismo galego. Unha xornada organizada polo Consello da Cultura Galega, a Fundación Otero Pedrayo e a Fundación Vicente Risco conmemorou este sábado o evento, que marcou un antes e un despois na acción política e cultural do galeguismo. Falamos con expertos para coñecer o impacto desta xuntanza.
"Non hai máis que verlles as caras", afirma o arqueólogo Xurxo Ayán en relación á fotografía canónica da Asemblea. Un grupo de homes están sentados nas escadas da fachada do mosteiro de San Vicente do Pino, no alto de Monforte de Lemos. Entre eles atópanse Castelao, Otero Pedrayo, Ánxel Casal, Losada Diéguez, Antón Villar Ponte ou Manuel Antonio, e outros. Ao observar con coidado a fotografía aprécianse rostros serios e xestos tensos. Os participantes atópanse no medio das discusións que, no fondo, resumen dous xeitos de entender o galeguismo e o nacionalismo e que van levar a unha ruptura decisiva. "A foto tívose que facer antes do día 20, por quen figura nela. Podían ter feito a foto noutro sitio máis moderno, pero escolleron o mosteiro", explica Ayán, quen presentou nas xornadas unha intervención sobre o "contexto de longa duración" da Asemblea e o seu encaixe dentro da política e da cultura monfortina de principios do século XX.
"Monforte era un símbolo da modernidade de aquela, coa relevancia do ferrocarril, ou como un dos epicentros do agrarismo. Tiña un ambiente moi político. Había cadros de declamación, un Ateneo Obreiro, ou a propia Irmandade local, dirixida polo notario Banet Fontenla", explica Ayán. "Creo que escolleron Monforte polo peso desa traxectoria, polo prestixio da propia Irmandade local e porque xa estaba desatada a polémica e o conflito e Monforte podía ser un espazo neutral", explica Ayán. O ambiente tenso das discusións, observado a partir das actas da Asemblea conservadas pola Irmandade de Betanzos, contrasta co programa cultural que se levaba a cabo despois das sesións. "Houbo actos de masas no Casino ou no Ateneo, mitins multitudinarios", explica o arqueólogo. Os galeguistas tiñan aínda moi pouco peso político pero xa naquela altura contaban cun amplo prestixio social nunha localidade acostumada ao debate e á intervención cultural.
Culturalistas e pragmáticos
"En Monforte houbo unha división estratéxica sobre o que facer nos seguintes anos", afirma o historiador Xosé Ramón Quintana, que non puido impartir a conferencia prevista na xornada. "Por unha banda temos unha perspectiva máis política, que é a da Irmandade da Coruña, e outra máis culturalista, disto isto entre aspas, porque está máis que demostrado que as supostas ideas antipolítica son tamén políticas. Os de Ourense rexeitaban toda política convencional e práctica real en favor dunha futura utopía na que si se podería exercer dese xeito", afirma o historiador, especialista na figura de Ramón Otero Pedrayo. "A vía de Vicente Risco era máis purista, máis radical, pero tan política como a outra". De fronte estaba a relevante Irmandade da Coruña, con membros como Lois Peña Novo ou Ánxel Casal, que manifestaban unha posición moi contraria ao do grupo de Ourense. "Os coruñeses son máis pragmáticos, queren ir obtendo resultados, porque para eles actuar na política convencional significaba gañar influencia".
Para Quintana, nesa visión contraposta non só había un enfrontamento ideolóxico, senón que se cruzaban as experiencias biográficas: "A experiencia do círculo ourensán coa política real fora bastante traumática. Organizaran varios mitins e corréranos a paus. Se contaminarse coa política real era entrar en situacións complicadas a nivel persoal, mellor retirarse e centrarse nunhas actividades culturais para as que, certamente, estaban máis dotados".
A Asemblea de Monforte rematou coa constitución da Irmandade Nazonalista Galega, liderada por Vicente Risco, e á que se adscribiron moitas das irmandades locais. A Irmandade da Coruña e algunhas outras tamén decididron seguir o seu camiño. "Iso provocou que se dera unha hipertrofia cultural, cun gran desenvolvemento do galeguismo cultural, e por outra banda unha atrofia organizativa política no sentido máis convencional dos termos". O inicio da ditadura de Primo de Rivera en 1923 truncou, en certo xeito, o camiño inmediato a seguir polas dúas vías.
Tendencias recorrentes
Pero para Xosé Ramón Quintana estas divisións caracterizan o galeguismo desde o propio rexionalismo, no século XIX, e continuaron despois. "Por unha banda temos o rexionalismo liberal de Murguía, que fala de Galicia como nación, temos a tendencia tradicionalista de Alfredo Brañas e logo aínda estaría a tendencia máis republicana de Aureliano Pereira. Estes tres sectores volven estar presentes nas Irmandades da Fala e logo no Partido Galeguista", sinala Quintana, "no fondo é un debate que chega ata hoxe. É un espírito que segue rondando con discursos e textos diferentes, coa contraposición entre a ortodoxia e a heterodoxia, co purismo e o non purismo, coa política prática e a utópica, coa concepción de Galicia de maneira metafísica ou dun xeito máis material". O historiador tamén sinala como, "á súa maneira, sucedía o mesmo no País Vasco e Cataluña. En Cataluña, o catalanismo é plural, cun máis burgués, de dereitas, da Lliga, e logo un de centro esquerda, que sería Esquerra Republicana. E no País Vasco igual coa aparición da ANV, que era unha nova forma máis moderna e heterodoxa de entender o nacionalismo".
Para Xurxo Ayán, observar a fotografía da Asemblea de Monforte desde hoxe danos outra perspectiva: "Esta asemblea foi esquecida polos eruditos locais ata que no ano 1991 reivindicouna o escritor Manuel María, que é un símbolo do renacemento cultural de Monforte. Vemos como a ditadura franquista desgaleguizou Monforte, domesticando o asociacionismo, e como algúns membros da dereita galeguista que saíu fortalecida da Asemblea de 1922 despois rematarían colaborando coa ditadura de Primo de Rivera, como Losada Diéguez, ou co réxime franquista". A vida e opcións políticas de todos os participantes serán fortemente sacudidas coa sacudida da ditadura de Primo de Rivera e co golpe de Estado de 1936. Banet Fontenla, o anfitrión das Irmandades da Fala de Monforte e notario de profesión, rematará certificando na Coruña o proceso ilegal de venda de fincas do pazo de Meirás para agasallo a Francisco Franco. "Nós sabemos o que vai pasar despois, pero eles aínda non", conclúe Ayán.