O mes de novembro está marcado no calendario cinéfilo galego desde hai trinta anos con esta mostra de cine non competitiva que dá exhibición este ano a máis de 200 filmes nunha programación que busca a relevancia e non fuxe da controversia mais si da compracencia, apostando de novo polo risco de moitos filmes afastados dos circuÃtos comerciais, mesmo sendo obras premiadas noutros certames ao longo do ano. Asà leva o festival compostelán trinta anos e en palabras do seu director José LuÃs Losa, mantén unha coherencia que fai que se publicite só ante o público -que é o que o mantén vivo co seu apoio que agradeceu- e que consiga un baremo alto de valoración entre as distribuidoras no marco dos festivais sen competición. Acompañado do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra e o director de AGADIC, Jacobo Sutil, Losa desvelou hoxe as principais caracterÃsticas da edición deste ano que comezará o vindeiro dÃa 8 e seguirá ata o 27 de novembro. A concelleira cifrou en 250.000 euros máis IVE o orzamento desta edición e destacou o traballo feito coa web do evento, que recolle os programas das anteriores edicións, conformando un repositorio da memoria do festival e tamén o esforzo informativo en redes sociais e na canle habilitada no servizo Telegram.
O cineasta Carlos Saura, a actriz Lola Dueñas e o ex director da Filmoteca Española, Chema Prado, son os elixidos para recibir os tributos honorÃficos que concede o festival este ano. Saura recibirá o premio especial Cineuropa 30ª Edición. O festival estreará en Galicia, dentro da súa Sección Oficial, a pelÃcula de Oliver Laxe , que acadou o Premio da Semana da CrÃtica en Cannes, o autor a presentará persoalmente . Non será a única estrea ao longo do festival e tamén haberá outros cineastas que se achegarán a Cineuropa a entrar en contacto co público na presentacións dos seus filmes como Albret Serra, Pascale Breton, Eugenio Canevari, Alberto Morais e Adolfo Dufour. Dentro das 15 seccións deste ano Losa quixo destacar o ciclo dedicado ao cine negro francés dos 60 e os 70, agrupado baixo a etiqueta “ Polar”, que exhibirá corenta pelÃculas Este ciclo traerá as salas por vez primeira en España filmes que no seu momento a censura franquista impediu a súa difusión por cuestións de moralidade. As entradas e os abonos poderán mercarse a partir do dÃa 7 ás 15:30 horas, tanto nos despachos de billetes como por Internet. A inauguración será dÃa 8 no Teatro Principal co filme hispano arxentino El ciudadano ilustre, premio ao mellor actor en Venecia e Espiga de Prata na Seminci de Valladolid.