A segunda edición do Premio Literario Nortear para a Mocidade Escritora de Galicia e de Portugal foi para Alén Miño. O portugués Rui Cerqueira Coelho impúxose entre os trinta orixinais que se presentaron ao certame coa súa obra Nós, arquipélago. O xurado, composto por Xosé MarÃa Lago, Carlos Arias, Antón Riveiro Coello, Olinda Beja, Carlos Lopes e André Rodrigues, valorou "o estilo impecable e potente, e unha narración sólida que harmoniza emocións, vencellos familiares, percepcións sensoriais e evolución psicolóxica cunha gran profundidade". Asimesmo, destacou o manexo da temporalidade, na que "o pasado e a prospección do futuro como baleiro e como misterio difÃcil de asumir se unen para definir interiormente un ser que toma consciencia da súa existencia e da súa limitación como pulso vital".
O galardón, dotado con 2.000 euros e a publicación da obra, vai dirixido a autores e autoras nados ou empadroados na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos, e está organizado pola Direção Regional de Cultura do Norte, a ConsellarÃa de Cultura e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal.