O 34 por cento dos actores viven por baixo da liña da pobreza

A Fundación AISGE presenta os datos galegos do maior estudio realizado sobre situación sociolaboral do sector

7/10/2016 | Santiago. S. Montes | Seccións: SociedadeTeatroAudiovisualDanza
24 lecturas | Compartido 0 veces

Iván Arpa e Isabel Blanco na presentación. Foto: S. Montes

Os datos presentados hoxe por Iván Arpa e Isabel Blanco en representación da Fundación AISGE en Santiago amosan unha realidade crúa na que coloca ao 60 por cento dos artistas que se dedican á actuación ou a danza por debaixo da liña de pobreza polos ingresos no exercicio da súa profesión. A necesidade obriga ao 40 por cento do colectivo a recorrer a outros empregos alimenticios, a maioría sen nada que ve coa actividade artística, para poder sobrevivir e deixar a cifra nun 34 por cento de artistas en Galicia en situación económica de pobreza e un 40 por cento dentro da precariedade. Só unha cuarta parte da xente que se dedica á actuación ou a danza en Galicia, sexa ou non actividade única, contaría cun mínimo de 1.200 euros mensuais como mínimo. O desemprego nos artistas profesionais de Galicia está no 48 por cento, esta cifra sube ao 55 por cento no caso dos actores de audiovisual e baixa o 10 por cento no caso de profesionais da danza. A análise de xénero tamén deixa ver que as mulleres predominan na franxa de artistas que gañan menos de 600 euros ao ano, a máis baixa, cunha presenza feminina do 28 por cento fronte ao 16 por cento de homes.
As cifras proceden do Estudio e Diagnóstico sobre a Situación Socialoaboral de actores e bailaríns en Galicia ,realizado pola Fundación AISGE como parte dun estudio do mesmo nome a nivel estatal, permite manexar uns datos reveladores da precaria realidade económica dun colectivo esencial no mundo da cultura. O estudio preséntase como a información máis rigorosa e completa obtida ata o presente e segundo Iván Arpa, coordinador da Área Asistencial da Fundación AISGE, non hai estudios equivalentes noutros países do entorno europeo. En total 3.282 enquisas, 187 delas en Galicia, son a base deste traballo co que se pretende achegar unha información rigorosa que sirva para abrir un debate público sobre a situación do sector e buscar estratexias para a súa mellora. Neste Sentido Isabel Blanco, Delegada de AISGE en Santiago, afirmou que buscarán sinerxías cos axentes sociais e con outras entidades do sector como a Axencia Galega do Audiovisual ou a Asociación de Actores e Actrices de Galicia entre outros para definir un paquete de medidas a tomar e impulsar cambios. Diferentes representantes do sector sinalaron a necesidade de mellorar moito o acceso ás prestacións sociais, Seguridade Social, paro e outros sistemas de protección que agora presentan moitas dificultades para estes profesionais da cultura.

Oficio da interpretación

Ver serie completa
11/11/2016

Vivir de interpretar, ou non

O sector das artes escénicas e o audiovisual opina sobre as condicións laborais e de vida de actores e actrices

29/03/2016

Comunidade nas táboas e ante as cámaras

A Asociación de Actores e Actrices cumpre trinta anos a consolidar o panorama escénico e audiovisual

Universo culturagalega.gal

11/11/2016

Vivir de interpretar, ou non

O sector das artes escénicas e o audiovisual opina sobre as condicións laborais e de vida de actores e actrices