GENERACIÓN X vs. GENERACIÓN Y é o tÃtulo da análise que acaba de publicar a axencia Avante Marketing&Media a analizar os hábitos de consumo dixital en Galicia dos membros destas xeracións. No mesmo, abórdanse importantes diferenzas no emprego das novas tecnoloxÃas entre aqueles nados no periodo comprendido entre 1965 e 1979, considerados "inmigrantes dixitais", e os da Xeración Y ou millenials, nativos dixitais que naceron nas décadas dos oitenta e dos noventa. Segundo os datos presentados, unha das principais diferenzas entre os dous grupos de idade atópase no tempo de conexión. AsÃ, os millenials botan 3,5 horas ao dÃa conectados, mentres a media dos pertencentes á xeración X é de 1,5. Ademais, o 78% dos primeiros conéctanse máis dunha vez ao dia mentres os de máis idade só un 40% realizan múltiples conexións en cada xornada. Se ben o emprego de mensaxerÃa instantánea é similar nos dous grupos, os máis novos empregan moito máis as redes sociais (73% fronte ao 50%) e o mail, cun 71% fronte ao 55%.
Encol das redes máis utilizadas, o Facebook está á cabeza en ambos grupos con 300.000 usuarios galegos da xeración X e 360.000 da Y. Twitter ten máis usuarios entre os de maior idade (150.000 fronte a 110.000) e é en Instagram onde se detecta a maior fenda, con 160.000 Millenials galegos fronte a só 40.000 da Xeración X. Tamén no caso do comercio electrónico, e do emprego de xogos e música en liña, que teñen o duplo de penetración entre os máis novos, se poden percibir importantes diferenzas.
A análise Generación X Vs Generación Y.Encol das redes máis utilizadas, o Facebook está á cabeza en ambos grupos con 300.000 usuarios galegos da xeración X e 360.000 da Y. Twitter ten máis usuarios entre os de maior idade (150.000 fronte a 110.000) e é en Instagram onde se detecta a maior fenda, con 160.000 Millenials galegos fronte a só 40.000 da Xeración X. Tamén no caso do comercio electrónico, e do emprego de xogos e música en liña, que teñen o duplo de penetración entre os máis novos, se poden percibir importantes diferenzas.