Dous novos medios acaban de chegar á nosa rede neste final de ano. Da banda da tradición unha anovada “A Nosa Terra” chega aos seus cen anos cunha versión dixital de actualización diaria. Ao tempo, xurdida da aposta do grupo “El Progreso” polos novos dixitais, chega “Galiciae”, un medio que herda o traballo de Xeración Web. Analizamos as semellanzas e as diferenzas entre estes dous novos proxectos de comunicación na rede.
Nunha primeira ollada é difÃcil atopar diferenzas substanciais. Estamos ante dous medios en liña, centrados na información galega e que procuran unha ollada nova á actualidade. Ambos os dous contan cun deseño á última e, por tanto, moi semellante ao doutros xornais deste tipo, cunha grande importancia da imaxe e a integración de vÃdeo e de audio nas súas informacións. En canto á participación do público, Galiciae aposta claramente pola posibilidade de que o lector poida comentar todas as noticias e achegar diferentes cuestións. A maiores, contan na súa portada co apartado GeCubo, no que se pode visualizar en tempo real a actividade que os lectores desenvolven no web. “Aà igualamos a introdución de novas coas votacións e os comentarios” explica Juan Castro, director do novo medio. En “A Nosa Terra”, pola súa banda, queren habilitar no futuro próximo un foro de debate arredor dun tema diario e a canle “Reporteiro cidadán” para que a xente poida achegar as súas propias informacións, para alén de barallar a posibilidade de permitir tamén comentarios dos lectores. Os dous medios comparten opcións coma a votación de novas ou a opción de as compartir, sen esquecer a posibilidade de sindicar contidos. No entanto, e malia a todas as semellanzas que poidamos atopar, detrás destes webs atópanse propostas ben diferenciadas.
Unha plataforma
“`Galiciae´ é unha plataforma de medios quere integrar a información que xeran as diferentes cabeceiras dixitais do grupo `El Progreso´ sen que estas perdan a súa propia personalidade”, explica Juan Castro. Deste xeito, `Galiciae´ aglutinará parte da produción informativa de cabeceiras coma “El Progreso”, “Diario de Pontevedra”, a Axencia Galega de Noticias e, en breve, “Galicia Gastronómica”, “De luns a venres” e “Nova +”. “Cada un dos medios está especializado nunha área temática ou local, nós queremos ocuparnos de contidos que para eles poidan ser máis complexos. Cuestións coma o ámbito nacional ou internacional, as novas tecnoloxÃas ou temas que poidan parecer máis frikis, coma atender ao mundo dos blogs, os xogos ou cuestións polo estilo”.
O espÃrito de Internet
En certo xeito, pois, `Galiciae´ vai funcionar coma unha axencia de novas de Internet para os xornais do grupo. De feito, a súa redacción comparte espazo coa da Axencia Galega de Noticias (AGN). “AGN está mais orientada cara o xornal en papel. Con `Galiciae´ queremos tamén achegarlle á Axencia un perfil de traballo máis axeitado á rede. De calquera xeito traballamos conxuntamente e mesmo hai temas que se desenvolven a medias”. A maiores, esta nova cabeceira quere achegar a visión de Internet ao conxunto do grupo. “O medio recupera o espÃrito de `Xeración Web´ de ser puramente dixital. O feito de contar cunha nova cabeceira reflicte o interese do grupo porque os outros medios collan máis deste xeito de traballar”.
ANT para todos
“`A Nosa Terra´ está tentando ser un novo medio informativo que amose a actualidade non só de Galicia senón tamén do Estado e do mundo cunha perspectiva galega. A idea é que podemos contar información feita en galego que sexa perfectamente entendible por alguén que viva en calqura outra sitio do estado e do mundo, e non só os galegos” explica Xurxo Salgado, director da nova publicación on-line. Estas intencións plasmaranse no proxecto tentando responder as caracterÃsticas propias de Internet. “Queremos dar informacións desde perspectivas diferentes e adaptadas á rede. Nos medios impresos estamos afeitos a ver informacións longas e en varias páxinas, e iso aquà non funciona. Logo tamén pasa que temas que nos xornais non levan destacados en portada aquà van ben. De calquera xeito, isto non nos vai tirar a perspectiva de que ANT debe ser un medio de referencia, e canda a esas cuestións socioculturais haberá un marcado carácter polÃtico que se irá vendo”. As peculiaridades do medio vense tamén nunha aposta decidida polo carácter multimedia. “O web quere ser unha plataforma multimedia. Estamos a tentar crear unha nova canle de televisión na rede, que non hai nada na rede coma isto, e tamén unha radio en Internet. Estamos a comezar, a facer reportaxes para a televisión. Na radio polo momento temos arquivos sonoros pero agardamos ter tamén programas”.
A clave da mocidade
Para facer todo este traballo, o novo medio conta con seis redactores e dúas persoas centradas nos contidos multimedia, cunha idade media de 28 anos. Precisamente a cabeceira quere prestar unha especial atención aos máis novos, para os que mesmo creou unha canle especÃfica, “-25”. “Esta é unha das apostas importantes da edición dixital. Parécenos unha necesidade imperiosa da sociedade galega ter informacións que falen da xente moza. Se ollamos os Ãndices de penetración de internet, dese 37% de galegos que usan a rede, practicamente o 60% teñen menos de 25 anos, e iso é un grande público potencial”, explica Salgado. Deste xeito, o xornal dixital habilitou este espazo que quere achegar novas sobre tecnoloxÃa, novas tendencias e outras cuestións que poidan interesar a esta franxa de idade. Outra aposta destacada do medio é a atención que lle presta aos deportes, cun redactor dedicado en exclusiva e actualización constante. “É algo que non hai na rede galega, existen medios que achegan información tamén a fin de semana, pero fano con contidos de axencia. Nós apostamos pola produción propia”, lembra o director.
No caso de Galiciae tamén está clara a aposta polo público mozo, algo en boa medida inevitable se pensamos que a media de idade da súa redacción é de 23 anos. En total son sete persoas en Compostela, dúas máis que traballan para este medio desde o xornal “El Progreso” e outras tantas en “Diario de Pontevedra”. “Desde un punto de vista temático interésanos moito a tecnoloxÃa e os temas da rede, e iso é algo que se irá plasmando, e achegaremos tamén un aire fresco. Iso xa estaba en `Xeración´, ao mudar de cabeceira houbo quen pensou que se podÃa perder este espÃrito, pero o que queremos é manter ese público e tentar amplialo, porque ese é o lector que hoxe está volcado na rede, xente moi nova con intereses diferentes”, explica o director. A responder en certa medida a esa inquedanza, Castro incide en que “tentamos ir moito de cara a que o medio teña a súa propia rede social, que cada usuario poida ter o seu espazo desde o que poder enviar novas, votar ou organizar os contidos coas súas propias etiquetas”.
A xenealoxÃa
Unha das grandes diferenzas que se lles poden atopar a estes novos medios é a súa xenealoxÃa, en boa medida oposta. Mentres a nova versión dixital de `A Nosa Terra´ herda unha cabeceira que fai precisamente agora o seu centenario, `Galiciae´ xorde dun proxecto (Xeración Web) que apenas tivo seis meses para se desenvolver antes de se transformar no novo medio. Para Salgado, o traballo no web fai parte da renovación que o xornal está a desenvolver a coincidir co seu aniversario. “O xornal tivo moitas etapas ao longo da súa historia, e esta é unha nova. Hai que saber coidar a esencia da cabeceira e adaptala aos novos tempos. É importante que a información vaia para todos os galegos e que independentemente da idade, da condición social ou das ideas polÃticas poidan sentirse reflectidos nas novas que aparecen aÔ. Pola súa banda, a evolución de Galiciae é en boa medida un desenvolvemento do anterior proxecto. “Xeración era un tema que tentaba tocar temas dun xeito máis aberto, sen se centrar moito en Galicia e procuraba non se solapar con espazos que xa existÃan”, lembra Castro. “Tivo éxito interno e xurdiu a idea de vertebrar as edicións dixitais do grupo, e para iso apostaron por nós. Galiciae supón un salto cuantitativo e cualitativo, imos ser un medio máis xeneralista e máis global, pero o núcleo dos que o fan é o mesmo”.
O espazo na rede
Sobre a cuestión de se existe aÃnda espazo informativo na rede para novos medios, Salgado teno claro: “Non é que haxa espazos informativos que se poidan colapsar. Para min non ten que ver con competencia, penso que cantos máis sexamos mellor, é un indicativo da boa saúde da rede en Galicia. Dáse oferta variada a un público e con iso tamén o introduces en Internet”. Do mesmo xeito, Castro pensa que “aÃnda hai poucos, canto máis haxa mellor. O tema é que cada un poida achegar puntos de vista diferentes. Que medios coma `A Nosa Terra´ aposten pola rede axuda a que a xente se fixe en Internet, e co público tamén os anunciantes”. Que sexan moitos.