O artista vasco Jon Gorospe gaña o IV Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

O seu proxecto xira entorno aos lugares de agochamento dos residuos

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O fotógrafo vasco Jon Gorospe resultou gañador do IV Premio Galicia de Fotografía Contemporánea polo seu proxecto Environments. Hoxe deuse a coñecer o fallo do xurado do certame promovido polo festival internacional Outono Fotográfico. Environments é un proxecto orixinalmente composto, ademais de por fotografías, por dous filmes e reflexiona sobre a opacidade que rodea a aqueles lugares afastados da vista onde a civilización acumula os residuos que produce. Gorospe (Vitoria) busca achegarse a plantas de verquido, basureiros e escombreiras cunha ollada diferente á habitual ensinándonos ás súas camuflaxes de invisibilidade e negación ata o punto de facer estes lugares semellar algo fermoso. Os proxectos de Javier Arcenillas e Sabela Eiriz quedaron finalistas do premio.

O premio está dotado con 10.000 euros, que se destinan á produción dunha exposición temporal, a cargo do Outono Fotográfico, que se inaugurará entre os meses de novembro e de decembro de 2016. A exposición será inaugurada na cidade de Lugo, e itinerará durante dous anos dentro da programación do Festival Outono Fotográfico e tamén da programación que promovan con tal motivo tanto a Deputación de Lugo como a Xunta de Galicia. A edición do libro co traballo gañador, dentro da serie Premio Galicia de Fotografía Contemporánea da colección OF, completa o galardón deste certame fotográfico. Ademais, unha selección de fotografías do proxecto formará parte do libro do Festival Outono Fotográfico do ano seguinte.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Outono Fotográfico, Sabela, Vitoria...